Dereitos dos membros da asociación

Tomar parte en cantas actividades sociais organice a Asociación.

Exercitar o dereito de voz e voto nas Asembleas Xerais, sempre que se estea ao corrente no abono das súas cotas.

Ser nomeado membro da Xunta Directiva na forma que se establece nos Estatutos.

Ser informado de cantas acción ou actividades promova a Asociación.

Utilizar os estudios e traballos realizados pola Asociación.

Posuír un exemplar dos Estatutos e ter coñecemento dos acordos adoptados polos órganos directivos.

Recorrer á Xunta Directiva cando estimen que os seus dereitos foron vulnerados, sen prexuízo da impugnación de acordos que poidan formular legalmente.

Participar nos beneficios que a Entidade conceda aos socios, na forma que dispoña a Xunta directiva.

Todo socio poderá renunciar en calquera momento a esta condición, solicitando a baixa, pero esta no terá  carácter definitivo ata que non teña transcorrido un mes a partir da presentación da solicitude.

Todos os dereitos que lle aporte o que a Asociación se federe coa Sociedade Española de Calidade Asistencial.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade