Zona Privada
Usuario:
Contrasinal:
Enquisas
¿Gústache o deseño da nova web?

09/02/17 - (78 respostas)

Outras enquisasEnquisas anteriores

Impresora Email

Semana Europea da Calidade

24/09/2014

Nova: Semana Europea da Calidade

Semana Europea da Calidade

10-16 de novembro de 2014

Por terceiro ano consecutivo, imos celebrar no Servizo Galego de Saúde, a Semana Europea da Calidade. É xa a XXª edición deste evento, e terá lugar durante os días do 10 ao 16 de novembro de 2014, na Consellería de Sanidade de Santiago de Compostela.

Os actos programados para este evento, forman parte das actividades de formación e sensibilización para os profesionais, pacientes e cidadáns sobre todo o relacionado coa atención ao paciente, a mellora da calidade e a seguridade clínica. É un complemento doutras actividades de formación que realizamos ao longo do ano e tamén un complemento a VI Xornadas de Calidade e Seguridade do SERGAS e o V Congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial, que este ano tiveron lugar en Ourense os días 3 e 4 de xuño, con gran éxito, dado que asistiron máis de 400 congresistas e presentáronse 170 traballos.

Neste sentido, e por dar coherencia interna a ambos os eventos, a súa orientación e contidos seguen un fío condutor pero os seus enfoques son diferentes. As Xornadas anuais de calidade e seguridade están organizadas como un foro no todos os profesionais galegos poidan verter e compartir as súas mellores prácticas, os seus traballos de investigación, os seus proxectos, os seus procesos e, en definitiva, calquera experiencia de mellora da calidade, a seguridade, e a atención aos nosos cidadáns e pacientes. A celebración da Semana Europa da Calidade ten un enfoque de maior alcance, e exponse como un conxunto de actividades de formación en formato taller, que nos permitan compartir experiencias innovadoras de éxito autonómicas, nacionais e internacionais, e valorar cal é a nosa posición relativa en referencia á calidade, a seguridade e a atención ao paciente e ao cidadán: onde estamos, cara a onde imos, e que se está facendo noutras partes do mundo.

 

No contexto da Semana Europea de Calidade terá lugar o III Congreso Nacional de Lean Healthcare. No marco do congreso poderanse presentar comunicacións que poñan en valor experiencias Lean no sector saúde. Aínda podes presentar o resumo da túa comunicación ao Congreso Lean, descarga o formulario en formato pdf.

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade