Zona Privada
Usuario:
Contrasinal:
Enquisas
¿Gústache o deseño da nova web?

09/02/17 - (78 respostas)

Outras enquisasEnquisas anteriores

Impresora Email

Premios Innoba á xestión e a calidade asistencial da artrose

17/03/2014

Nova: Premios Innoba á xestión e a calidade asistencial da artrose

A Sociedade Española de Calidade Asistencial ( SECA ) e Bioibérica Farma organizan a segunda edición dos Premios Innoba á xestión e a calidade asistencial da artrose. Estes galardóns buscan recoñecer proxectos que contribúan a mellorar a xestión da enfermidade e a calidade da atención aos pacientes con artroses.

O premio está aberto a aquelas persoas ou entidades, públicas ou privadas, con domicilio social en España, que estean a traballar en proxectos innovadores en artroses. Valorarase o impacto social dos mesmos, a capacidade innovadora, o alcance de futuro, os resultados que conseguisen e a consistencia da proposta.

Os Premios Innoba inclúen dous galardóns, cunha dotación de 10.000 euros cada un. Os traballos pódense presentar a través da web www.premiosinnoba.com, onde tamén se poden consultar as bases, ata o 31 de xullo de 2014. O fallo dos premios farase público antes do 1 de outubro e a cerimonia de entrega terá lugar o día 16 de outubro de 2014 en Madrid, dentro do marco do XXXII Congreso da Sociedade Española de Calidade Asistencial (SECA).

Documentos

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade