A Sociedade Galega de Ca
lidade Asistencial (SOGALCA) ten establecida como unha das súas liñas de acción a promoción de actividades docentes dirixidas a mellorar a formación dos recursos humanos en xestión da calidade, e neste marco presenta un avance dos seus itinerarios formativos para o período 2010- 2011.
ITINERARIOS FORMATIVOS
1. FORMACIÓN DE AUDITORES INTERNOS SEGUNDO A NORMA UNE-EN ISO 9001:2008.
- Curso Xestión por procesos no ámbito sanitario. Resultados orientados ao paciente. Aplicación da norma ISO 9001:2008. Ano 2010.
Actividade presencial
Datas de realización: 29 e 30 de xuño de 2010
Horas de formación: 16 horas
Prazas dispoñibles: 25
- Curso Auditores internos de sistemas de xestión da calidade segundo a norma UNE.-EN ISO 9001:2008. Ano 2011.
2. FORMACIÓN DE AUDITORES INTERNOS SEGUNDO A NORMA UNE-EN ISO 14001:2004.
- Curso Xestión ambiental en organizacións sanitarias. Requisitos da norma ISO 14001:2004. Ano 2010.
Datas de realización: 10 e 11 de xuño de 2010
Horas de formación: 16 horas
Prazas dispoñibles: 25
- Curso Auditores internos de sistemas de xestión ambiental segundo a norma UNE.-EN ISO 14001:2004. Ano 2011.
En ambos itinerarios é imprescindible a realización da primeira actividade para acceder ao curso de formación de auditores internos.
As solicitudes de inscrición dos cursos previstos para o ano 2010 poden tramitarse a través do modelo de solicitude que está a disposición dos socios na páxina web de SOGALCA. As actividades formativas non representan custe adicional algún para os socios.
O prazo para a presentación de solicitudes para ambos cursos está aberto de 26 de abril a 14 de maio.
En caso de superar as solicitudes o número de prazas existentes para cada curso, a selección de asistentes será realizada por estrita orde de inscrición.
Copyright © SOGALCA. Sociedade Galega de Calidade Asistencial
Trav. Choupana, s/n.
15706 Santiago. A CORUÑA
Tels.: 881 540 309